
Por fin! xa lle tinhamos ganas aos botes e xa están de volta..e a verdade é que o tempo corre moito,xa están aquí de novo...E este ano prometen. Como estou vago e atraveso unha crise creativa vouvos ponher o programa completo da festa :D
Venres 8
21:30 ~ Primeira petardada da festa
23:00 ~ Xogo da Moca (do que somos vixentes CAMPIÓNS,que se sepa). Para apuntarvos ide sobre as 22:30 ao Estanco,cerquinha da Praza de Galiza. Nesta mesma praza haberá vinho de balde aos que se acheguen por alí
Todo isto amenziado por uns Gaiteiros e a charanga TRALLA 1O1
Sábado 9
A cousa ponse seria:
20:30 ~ II Entroido de verán na praza.
21:00 ~ Pregón a cargo de Toñito de Poi (...)
21:30 ~ Chupinazo(segunda gran petardada)e paseo do "San Cutinocho"
23:00 ~ CONCERTOS:
-Toñito de Poi (...)
-Arrasaloba
-Banda Bassotti
-Troula toda a noite,ou ata que lles aguante o fígado,a cargo da charanga 7+1
07:00 ~ Queimada popular
09:00 ~ Festicultores
10:30 ~ Actividades varias:
-Xogo do tira da corda
-Tira da Senhal
-Guerra de almofadas
-Touro mecánico
13:00 ~ Lanzamento de pucheiros
PARA O RIO!
Comida da comisión,os socios imos gratis,os que non son deberán abonar 15€
E ata aí o programa,curto pero intenso,está claro que quen se aburra é porque quere. Non dubidedes en achegarvos e o sábado despois de xantar lembrádevos de avisar na casa: "Ata Luns"
Boas festas a tod@s

3 comentários:
Acabaron contigo os Botes ou?
Por certo, está ben eso de que te paren as 10 da noite para xogar un partido de tenis no medio da rúa ou as 8 da mañá para facerte soplar nunha botella de 100 gaiteiros, interesante...
Non acabaron,non,non me explico porque,pero non acabaron hehe.
Xa me explicarás ben o de pararte ás 10 da noite para o tenis. O que é o de pararte ás 8 da manhá créocho perfectamente xD un saudo
Pois nada, que iamos todos cheos de razón hacia Mazaricos a eso das 10 da noite e uns paisanos pararon os coches alí diante do Pedrito, plantaron unha rede dun lado ao outro da estrada e puxéronse a facer que xogaban ao tenis. A todo esto vestidos como a ocasión o pedía: pantalóns curtos, polo "Lacoste", tenis e raquetas "of course".
Xente de Arzúa.. xDDD
Postar um comentário