domingo, 24 de agosto de 2008

Cantos mortos levamos na non-guerra de Afganistán?

Fai xa uns 7 anos que Estados unidos,co apoio da "comunidade internacional", foi a Afganistan facer un pouco de todo desas cousas que tanto lle gustan:

-Invadir,ocupar e someter paises.
-Buscar a Bin Laden.
-Matar a musulmáns.

Hai noticias que pese a non sair na gran prensa sobresaltan.


76 civís, entre eles 50 nenos e 19 mulleres morreron baixo as bombas dos avións membros da coalición, liderada por EEUU. Sobran palabras.
Compre lembrar que por alá tamén hai tropas espanholas (que a min,nin me vai nin me ven) e que neste caso a ZP se lle esquenceu o "NO A LA GUERRA".

Aquí cae un avión(unha traxedia,ollo) e móntase a marimorena,con toda a prensa amarela pendente de sacarlle ata o último céntimo de rentabilidade a semellante catástrofe. En Afganistán non caen os avións,caen bombas dos avións tódolos dias e na prensa non se di nada.

Como se di por aquí: "Éche o que hai"


Aquí tedes a nova noutros dous medios:
Link Diarioinformacion
Link Lanacion

0 comentários: