quarta-feira, 20 de agosto de 2008

Noraboa!


Resulta que Gomez Noya e Ivan Raña quedaron 4º e 5º respectivamente tras unha grandísima carreira na que lles faltou ese empurrón final para conseguir unha medalla olímpica. Ao princpio decepciona,claro,pero pasa o tempo e daste conta do grandísimo que é o que conseguiron estes dous deportistas de élite,e o que lles queda por conseguir.

Unha vez empezas a cavilar no asunto,daste conta do que sucede nesta merda de país chamado España(tamén aplicado a moitos grandes deportistas doutros deportes "minoritarios")

No caso concreto de Gómez Noya: Estamos a falar dun rapaz que ganhou todo o que habia por ganhar nos últimos 2-3 anos.
Entrementres,a prensa ao seu,que se Robinho cagou duro,se Ronaldinho bebe vodka con piña e toca moi ben o tambor ou que Cristiano Ronaldo mercou un Audi novo.Pasas páxinas,e máis páxinas e case ao final,en "otros deportes" atopaste 4 liñas e un minitutular coa mención da última carreira ganhada,a decimononseicantas consecutiva.

Pode ocurrir tamén que un deportista de élite (si,de élite,que entrenan 8 horas ao dia e se coidan e viven por e para o deporte)necesite un spónsor,ou axudas económicas para seguir entrenando ao nivel que lle corresponde a un campión do mundo na súa especialidade. A prensa seguirá falando de que a Robinho xa lle veu a cagarría e de que Ronaldinho se pasa ao JB con Cocacola Light (como bo deportista hai que coidarse)

Despois chegan as olimpiadas. Empezan a facerche caso. Ese mesmo dia saes na portada: Uno de los mejores deportistas de nuestra historia,medalla segura,vamos Javi!

Entón quedas cuarto nunhas olimpiadas e quen non che fixo nin puto caso critícate,di que non chegaches en forma,que foi unha decepción e con todo o puto valor do mundo sacan unha enquisa sobre o "decpcionante" da tua actuación.

Pois para min son os verdadeiros campións,os deportistas que si que viven para o deporte,os que non se emborrachan,non salen en aqui hay tomate e entrenan 8 horas ao dia,365 dias ao ano.

Vai por todos eles,polos deportistas de élite.

Gomez Noya,eres e serás o orgullo de tódolos GALEGOS

3 comentários:

Anônimo disse...

coma sempre falando as claras jeje

Tívome gracia o do JB con cola light

Ah,o final non me vou para a coruña así que terás que aturarme outro ano máis

Pedro of Carnota

Anônimo disse...

León espanhol¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anônimo disse...

moi bo leon.
1 apreta

coche