terça-feira, 12 de agosto de 2008

Xosé Ramón Reboiras Noia


Cúmprense 33 anos da morte de Xosé Ramón Reboiras Noia,máis conhecido como Moncho Reboiras. Naceu en Dodro e foi asasinado tal dia coma hoxe,fai 33 anos na Rua da Terra,en Ferrol.

"Heroe en tempo de traizón” dixo del Manuel María.

Foi un destacado membro nacionalista,militou na Upg,unha formación nacionalista de caracter marxista-leninista. Home comprometido,non dubidou en tomar parte dunha fronte armada (da que estaba ao cargo) que loitou contra a ditadura con escasos medios pero con moita valentia. Ás duas da maña,fai 33 anos,300 axentes da policia armada acordoaron o edificio onde ficaba agochado con dous militantes máis,aos que Reboiras axudou a fuxir. Tras duas horas agochado logran darlle caza,disparándolle varios tiros,un na nuca.

"'Que importa que nos matem si deixamos semente de vencer"


XOSÉ RAMÓN REBOIRAS NOIA,
Amigo, camarada, estrela
vermella-azul-branca no mencer
prometedor da nosa patria,
heroe en tempo de traizón,
corrupción/covardía,
martelo,proletario,remo
con saibo a sal e iodo;
fouce labrega/vingadora;
espiral que vén dendes do
fondo do tempo para abrirse
en claridade e futuro.
Ti eresa pedra mestra para
re-edificar a a nosa casa.

Puideron segarche a vida,
¡ouh, Moncho, meu irmao!,
a – se – si – nar – te.
O que eles non puideron,
nin poderán endexamais,
é arrincar/esmagar a
semente que deixache
esparexida no corazón
do pobo,na vixiante
concencia colectiva e que
xa está a agromar en
patria-ceibe/socialista.
Esta é, ¡ouh, camarada,
amigo e irmao
inesquencíbel!
a túa vin-gan-za,
a nosa vinganza i-ne-xo-rá-bel.

MANUEL MARÍA
Poemas para construír unha Patria»,1977)


Moncho Reboiras na wikipedia
Moncho Reboiras na web da UPG

2 comentários:

Manolinho disse...

Gran home,pero non che chega á altura dos xeonllos amigo león xDDD

A ver se empeza o curso dunha vez,que xa lle teño ganas ao Maycar

Leon disse...

Pero ti animal,como dis esas cousas!!?

Ninguén lle chega aos xeonllos á Moncho Reboiras,porque me sacas tres cabezas e dous peitos,senón ía a Ribeira e facíache unha cara nova.

Eu tamén lle tenho ganas ao maycar..hehe