segunda-feira, 22 de setembro de 2008

Eta asasina un militar

Pois iso,non son eu quen vos adianta a noticia. 3 bombas en 2 dias tralo cerco do estado espanhol á esquerda abertzale. Non vou a entrar en valorar os feitos nin no condeno/no condeno pero é que me entrou unha dubida:

Na prensa din que unha chamada anónima avisou da colocación do explosivo ás 00:24 e o artefacto estalou á 1:01. Como é posible que a esa hora ainda se esté evacuando xente? Deixadez? Despiste? Ineptitude? Ordes de arriba?
Pasaron cousas similares noutros atentados,avísase e cando esboura o artefacto hai mortos.
Non quero ser mal pensado,pero nos útimos intentos de atentado o grupo armado avisou e non morreu ninguén. Interesaralle a alguén que non se fale da crise?Será ese alguén o partido do Gal? Sería tamén unha boa maneira de xustificar o democrático da ilegalización de todo o que cheire a abertzale?

Non quero pensar que o estado espanhol deixara morrer ao militar en cuestión. Despois penso quen está no governo. Despois penso no que beneficia a estes voitres que ETA actúe. Ao final acabo dándome conta de que estou seguro ao 100% de que agora mesmo ZP e Rajoy están brindando con cava(extremeño) polo ben que lles saiu a operación. Iso si,en canto o acaben a firmar manifestos de repulsa e declaracións institucionais.

Voitres,iso é o que sodes.

0 comentários: