Debido a problemas técnicos co meu contrasinal non fun capaz de entrar na minha conta ata hoxe...para comentar si me deixaba,pero para actualizar non. Seriá o MOSSAD,a CIA ou algo así,o caso é que tedes que desculpar,évos o que hai.
Ao lio. Como xa sabedes moitos, unha nova que saiu en La voz do psoE sobre o porco Quinín (gran nome para un quino,non me cabe dúbida) trascendeu fronteiras.

Trátase dun cocho moi listo,que sae a pasear co seu dono Antonio,alias Terrelo,coma se fose un cancinho. Que bonita historia de amor,que porco tan boinho e tan listo...
Pero,achegase o nadal,e a todo porco lle chega o seu San Martiño. Lóxico,excepto para unha plataforma de pijos cataláns: Animanaturis está facendo unha intensa campanha para salvar a Quinin,vaia risa. E por encima á iniciativa súmanse moitos blogs e páxinas webs. MANDA CARALLO
Todos os que circulamos por este blogue temos/tivemos animais na casa,a alguén que non sexa un pijo de la Sierra Madrileña lle colle na cabeza que non maten ao porquinho ese,por moi bo que sexa?
Non me jodas,faltaría máis. Mantendo e engordando o porco (coma en tódalas casas do noso amplo rural) para que venhan uns comeflores a molestar ao dono? (que por certo,ante o acoso mediático xa non sae pasear co animalinho)
Isto é un extracto da web http://www.salvemosaquinin.org/ :
"Sin embargo, esta no es una historia con final feliz. A Quinín le quedan dos semanas de vida, ya que Antonio ha decidido que los jamones que podría sacar de sus 200 kg. de peso son más importantes que su humanización, el valor educativo para los muchos niños que visitan al animal, y el valor simbólico que atesora a través de sus constantes apariciones en televisión o prensa escrita, donde ha conseguido demostrar la sensibilidad, adaptabilidad y socialización de la que son capaces estos animales, tan inteligentes y sociales como desconocidos para nuestra cultura"
Aquí,en GALIZA,os porcos son bastante conhecidos,non sei por catalunya ou por Spain.

Xa era o que me faltaba,apelan á "humanización del animal" para evitar que o seu lexítimo dono faga o que se lle fai a tódolos porcos: Matalo e comelo,vendelo,facer chourizos,comerlle ata a lingua.Como se fixo toda a PUTA vida e como se debería seguir facendo,xa veu meter as narices ZP co de que non podemos acoitelalo,isto xa era o que me faltaba.
A ver se imos cambiar as maneiras de substistir porque uns comeflores-perroflautas-adinheirados e sen moito máis que facer se indignen ante a matanza do porco. Que cando se vende a carne e se manda para alí polo carallo se acordan do que sufriu o pobre animalinho...
O mellor de todo é que os pijos lle ofreceron ao vello 400 € polo porco, e o vello como é moito máis listo ca eles -porque tivo que traballar toda a puta vida coma un negro- pídelles 12.000 eurazos. E os animaturalis todos idignados....indignado estou eu. Como dixo Alberte "a culpa é toda de internet".
Coa de problemas que hai no puto mundo,a vós cóllevos na cabeza semellante estupidez??? Non hai problemas máis graves no mundo¿?
leonmaroxo.blogspot.com mostra a sua TOTAL solidariedade e apoio a Terrelo,o dono lexítimo do animal. Que sega tensando a corda a ver se xunta os 12.000 euros,e se se rajan os perroflautas raja ti ao porco,que os chourizos eses tenhen que saber de puta madre.
Será que por aquí estamos acostumados a convivir con animais como modo de vida,pero non me colle na cabeza este asunto.
Xa que falamos de matanzas de porcos mediáticos aporto un dato: para rodar "Babe el cerdito valiente" sacrificaron 48 porcos porque medraban moi axinha. (wikipedia)

12 comentários:
Grande Lion moi grande¡¡¡..Estes nunca tiveron unha avoa que lles fixera un bo lacon con grelos senon iban mirar polo animal Merda¡¡¡..Pois eso ..Aupa Terrelo¡¡¡Pájaro
Grande ti Pájaro,que sempre estás aí ao pe do canhón!
Ai leon!! eu estou tamen contigo, esto e o puto peor, que sera o proximo?ao mellro qe se muxan toda-las vacas a man porqe a muxidora chupa demasiado e manca as pobres vacas, Viva o lacon, o xamon, o raxo, a zorza, a cacheira, o rabo, as costilletas, o figado todo ostia!! Terrelo estamos contigo!!
Imaxinádesvos, unha ONG coma por exemplo "Porcos sen Fronteiras" que che aparecen na casa xusto cando xa lle tes a punta do coitelo na xugular para sangralo?
Escandalizaríanse e dirían:
-Qué brutos estes galegos, qué asasinatos cometen etc etc. Matan porcos, becerros, carneiros, polos, coellos...
E nese preciso instante eu puntaría co coitelo a un deses pailáns e diríalle con cara de lunático
- E logho qué pensas que vou comer berzas tódolos días porque ti mo digas!!!!!!!!!!!!!
VIVA O PORCO!!!
vamos chamar a mataporcos e arrincamos botarlle unha man a terrelo, e de paso q nos invite a rixos!!
molaba ir unha peña o dia da matanza a apoialo e vitorealo
en q lugar da lista de heroes inclues a terrelo??
eu mentras o porco non fale non lle perdono a vida, e se fala voulle tapala boca, o papar é o papar
vilaspipol
Este home sí que sabe qué cona é un porco e para que sirven e non coma outros. Teño unhas ganas de pillar un cocido por banda...
Onedich na miña casa o porco sempre se matou cun coitelo no corazón, non na xugular, aínda que non sei se de camiño tamén a atravesa...
Manda carallo!
Cada porquiño ten o seu San Martiño!
o dono terá que comer a súa zorziña e o seu xamonciño!!
putos perrosflautas! cáááááá
En referencia o que dis do Zp tes toda a razón do mundo,veñen a tocar as narices co do uso do coitelo e en troques permiten e incluso aplauden as sangrias que a cotio teñen lugar nas prazas de touros...Porque iso é arte
COCHE
A ver Susmel; aínda vou ter que darche unhas clases prácticas de anatomía porcina; certamente a morte clínica prodúcese chuzándolle o corazón máis éste non sempre é atravesado e moitas veces é simplemente o pericardio o que se ve afectado; depende da pericia do matachín.
O sangrado é moi importante e cando o sangue sae escopetado a esa velocidade ou se está pinchando a xugular ou a carótida; non?????
Aínda que agora obrigan a darlle primeiro un tiro na cabeza o imprescindible é o sangrado.
Que hai Coche,sempre se agradece a tua visita!
Bendanha,non sei se cando puxeches outros quixeches ponher un link,non sae nada...ah,e estoume chapando un libro de JAVA 5.0 que ten tódolos exemplos en Comic Sans Ms...
ongs como "porcos sen fronteiras" hai moitas,
periodistas sin fronteras
medicos sin fronteras
amnistia internacional
greenpeace...
eses todos son bastante porcos...
León, puxen unhas comillas mal, me parece lembrar. Bah! Nada, era unha noticia sobre os enfermos esos que se adican a tatuar os porcos. Arte moderno que lle chaman...
Postar um comentário