Sábado, 13 de Dezembro de 2008

Descupas

Pois iso,entre os exames,problemas coa conta de gmail e 1000 cousas máis que tenho na cabeza foi coma se me olvidase de que tenho un blogue e unha LEXIÓN de seguidores ansisosos por saber o que me pasa pola cabeza. Esta semana vai ser imposible actualizar,que tenho 6 ou 7 exames e o finde que ven imos a Viveiro. A ver se dentro de 10 dias actualizamos algo,que isto non se pare...

E se alguén ten algo que dicir que me pida a contrasenha e que acutalice el sen problema xDDD

Pois iso,preséntovos as minhas desculpas formais e agradézovos a comprensión. Até!

Sábado, 29 de Novembro de 2008

Avance informativo

Boeno,non disponho de moitos datos pero a noticia é para dala a conhecer: Leo en la voz "Quinín no tendrá su San Martiño"

Pois tivo sorte o marrao do porco,seica os donos son de Carral e prefiren manterse no anonimato. Xa lle fixeron unha caseta e todo.... en fin ,sen comentarios,podedes entrar no link e lelo vós mesmos.


Non di nada de cartos que é o que máis me preocupa a min. Seica tiveron moitas ofertas polo cocho,a última de 3000 € dun fulano que se asustou polo grande que era o becho (200 quilazos,vaia risa). Esperemos que nos próximos dias se vaia aclarando algo este asunto e se nos fale de cifras.

Depositei toda a minha confianza en Terrelo,o dono do porco, e estou seguro de que os comeflores so poideron con el a base de Euros.

Esperamos acontecementos,que lle vaia ben ao porquinho en Carral,e esperemos que non morra no caminho,que meterlle eses meneos a un porco de 200 quilos...non sei eu como acabará o conto.


Non perdades este video,grandes as declaracións de Terrelo




"Los chorizos,o jamonsito,y eso.. y de Quinín,que está en forma...ahí no hai malo ni na....ahahaha..eso es manteca"

Quinta-feira, 27 de Novembro de 2008

Publicidade

Ante a subida constante de visitas e as poucas ganas de estudar/traballar imos empezar a incorporar publicidade pouco a pouco e de maneira non subliminal,a ver se me dou ganhado a vida gracias ao blogue...XDDDD

En serio,o non ter que facer é a hostia. Estou na clase con Rafa,un companheir que está ingresando unha certa cantidade (pouca) de Euros ao mes gracias á sua páxina web:

WWW.SOMOS-GUAPOS.COM

Entretemento,ocio,cultura....e podes facer amiguitas coma esta:


Pois iso,el controla de informática e eu estou medio tolo,pronto daremos co pelotazo para arreglar a vida gracias a internet. Mentres tanto entrádelle na páxina,que so intresa 20 euros ao mes e pa manter o Skoda de 210 cabalos fanlle falta uns 200,que se pon a 100 en 4 segundos...

Así que ala,subide as vosas fotos se queredes ligar algo,que ben vexo tódolos findes o que nos comemos no corpo a corpo...sempre nos quedará internet.


(Actualización trapalleira,é que non tenho tempo!)






Terça-feira, 25 de Novembro de 2008

Mecajondios

Sego con problemas co contrasinal. É algo estrano xa que para comentar noutros blogues e para moderar comentarios(fágoo desde o mail) funciona sen problemas.
A putada ven á hora de identificarme no blogue propiamente dito,que me di "usuario no registrado",hai que joderse.
Se o intento moitas veces,como agora,funciona,pero é raro. Xa lle mandei un par de mails aos de blogspot pero pasan de min. Xa vos comentei que sospeito do Mossad.

Vounos ter que matar a todos...

Ben,agora non podo actualizar gran cousa xa que estou na clase,simplemente tentei identifiarme para probar se ía,e foi. Deixovos un vídeo de conego deste sábado,a ver se este fin de semana actualizo con xeito que isto está medio morto,as minhas desculpas!

Andrés,o mago do balón:



A ter en conta:
A)Todo empezou cun "Non das pasado o edificio co balón".
B)Carretera nacional 547,ás 10 da tarde en Sábado,despois do R.Madrid-Recreativo de Huelva
C)Xa o intentou o fin de semana pasado,petando na persiana da última planta
D)O balón non se ve debido á mala calidade do móbil de Álvaro, a traxectoria intúese perfectamente,sobre todo pola reacción dos espectadores
E) O balón era noso pero atopámolo por aí,non perdimos cartos ao tonto("tonto si,pero tonto no")
D)Ollo á celebración de Andrés cando consegue a fazaña..

En fin,grande Andrés

Terça-feira, 18 de Novembro de 2008

Amighos si,pero o porquinho polo que vale

Debido a problemas técnicos co meu contrasinal non fun capaz de entrar na minha conta ata hoxe...para comentar si me deixaba,pero para actualizar non. Seriá o MOSSAD,a CIA ou algo así,o caso é que tedes que desculpar,évos o que hai.
Ao lio. Como xa sabedes moitos, unha nova que saiu en La voz do psoE sobre o porco Quinín (gran nome para un quino,non me cabe dúbida) trascendeu fronteiras.

Trátase dun cocho moi listo,que sae a pasear co seu dono Antonio,alias Terrelo,coma se fose un cancinho. Que bonita historia de amor,que porco tan boinho e tan listo...
Pero,achegase o nadal,e a todo porco lle chega o seu San Martiño. Lóxico,excepto para unha plataforma de pijos cataláns: Animanaturis está facendo unha intensa campanha para salvar a Quinin,vaia risa. E por encima á iniciativa súmanse moitos blogs e páxinas webs. MANDA CARALLO
Todos os que circulamos por este blogue temos/tivemos animais na casa,a alguén que non sexa un pijo de la Sierra Madrileña lle colle na cabeza que non maten ao porquinho ese,por moi bo que sexa?

Non me jodas,faltaría máis. Mantendo e engordando o porco (coma en tódalas casas do noso amplo rural) para que venhan uns comeflores a molestar ao dono? (que por certo,ante o acoso mediático xa non sae pasear co animalinho)

Isto é un extracto da web http://www.salvemosaquinin.org/ :
"Sin embargo, esta no es una historia con final feliz. A Quinín le quedan dos semanas de vida, ya que Antonio ha decidido que los jamones que podría sacar de sus 200 kg. de peso son más importantes que su humanización, el valor educativo para los muchos niños que visitan al animal, y el valor simbólico que atesora a través de sus constantes apariciones en televisión o prensa escrita, donde ha conseguido demostrar la sensibilidad, adaptabilidad y socialización de la que son capaces estos animales, tan inteligentes y sociales como desconocidos para nuestra cultura"

Aquí,en GALIZA,os porcos son bastante conhecidos,non sei por catalunya ou por Spain.

Xa era o que me faltaba,apelan á "humanización del animal" para evitar que o seu lexítimo dono faga o que se lle fai a tódolos porcos: Matalo e comelo,vendelo,facer chourizos,comerlle ata a lingua.Como se fixo toda a PUTA vida e como se debería seguir facendo,xa veu meter as narices ZP co de que non podemos acoitelalo,isto xa era o que me faltaba.

A ver se imos cambiar as maneiras de substistir porque uns comeflores-perroflautas-adinheirados e sen moito máis que facer se indignen ante a matanza do porco. Que cando se vende a carne e se manda para alí polo carallo se acordan do que sufriu o pobre animalinho...

O mellor de todo é que os pijos lle ofreceron ao vello 400 € polo porco, e o vello como é moito máis listo ca eles -porque tivo que traballar toda a puta vida coma un negro- pídelles 12.000 eurazos. E os animaturalis todos idignados....indignado estou eu. Como dixo Alberte "a culpa é toda de internet".

Coa de problemas que hai no puto mundo,a vós cóllevos na cabeza semellante estupidez??? Non hai problemas máis graves no mundo¿?

leonmaroxo.blogspot.com mostra a sua TOTAL solidariedade e apoio a Terrelo,o dono lexítimo do animal. Que sega tensando a corda a ver se xunta os 12.000 euros,e se se rajan os perroflautas raja ti ao porco,que os chourizos eses tenhen que saber de puta madre.

Será que por aquí estamos acostumados a convivir con animais como modo de vida,pero non me colle na cabeza este asunto.

Xa que falamos de matanzas de porcos mediáticos aporto un dato: para rodar "Babe el cerdito valiente" sacrificaron 48 porcos porque medraban moi axinha. (wikipedia)




Quarta-feira, 12 de Novembro de 2008

Madridistas: Éche o que hai

Sen máis,como diria o mesmísimo Shin Chan;Éche o que hai:

O clube máis odiado do mundo (proporcional ao seu número de seguidores,ollo) quedou fora a mans dun 2º B que a parte de tutealo lle meteu un baile en pleno Bernabeu. Non serei eu quen descubra as miserias deste clube...

O fútbol tenche estas cousas,creste no altar, tes cartos,porches,cubalibres,gomina,putas,todo o mundo pendente de ti,creeste Deus,eres un galáctico e de repente chegan os reservas dun clube de carpinteiros e electricistas e danche un meneo. Porque foi un baile o que levou onte o R.Madrid,non pensedes que foi casualidade nin sorte. Demos un repaso á prensa deportiva,comenzando pola madrileña-madridista:




Os do As son moi do Madrid,non o ocultan e cobran por elo,non van morder a man que lle da de
comer. Os do Marca tamén,pero como prensa amarillista deportiva danlle unha volta ao titular.

A prensa catalana xa se ceba algo máis:

El mundo deportivo concide co Marca,pero engade unha enquisa: "Comerá los turrones Schuster?" (eu aposto a que non)

Diario Sport,un referente do antimadridismo. A minha favorita,sen dúbida,metendo aí o dedo na ferida,j0j0j0.


E por último vou engadir a do único periódico riguroso (que so leemos eu e Dani Peixote),o italiano La gazzeta dello Sport. Xa que estou aquí vouvolo recomendar,cun traductor é a mellor web deportiva do mundo. As crónicas da liga espanhola son bastante máis completas que calquera dos da prensa espanhola e as noticias bastante fiables. Isto se comenta:


"Figuraccia Real in Coppa Fuori con una squadra di C"

Non tenho ganas de traducilo pero debe significar algo así como:

"Tan guais sodes que ven un equipo de segunda división B e mándavos a tomar polo cu,putos madrileños,así traguedes a gomina toda que vos fai falta pa repeinarvos,malditos perdedores"


Ollo ao que pon abaixo: "Raúl non Basta"
Os de sempre botaranlle a culpa ao capitán,o que nunca fai nada pero é o máximo goleador da historia da champions league. Por certo o único que falou onte cos medios de comunicación tralo partido.



Outro detalle:Como esta tropa de ladróns e mafiosos está deixando ao fútbol sen un peso a federación encargouse de que os "grandes" chegaran á final para asegurarse taquillazos e bos contratos televisivos. Se non queres caldo toma duas tazas. MAFIOSOS.

Quédome sobre todo coa alegría de tódolos integrantes do Irún e dos seus aficcionados.

Onte na Radio Galega,contactaron con bastantes xogadores,que estaban encantados. Transmitian incluso felicidade. Esta foi unha das conversacións,non me lembro do nome do xogador,unha pena:

(lease con acento basco e un par de patxaráns enrriba)

Radio Galega: Gabón! boas noites! la que habeis liado!
Xogador: "boas noites gallegos! ostiá! ya te digo! la que liamos,ostiá...vamos a quemar Madrid!"
RG: "Sois conscientes de lo que habeis hecho?"
X: "Que va,que va,ahora nos vamos a meter una buena fiesta y ya seremos conscientes mañana,si es que llegamos,que al ritmo que llevamos.....ya le he dicho al jefe que mañana y pasado no va a trabajar ni Dios!"

Pois iso,un humilde traballador que como os outros integrantes do equipo lle mexou na cara ao mellor clube do mundo.


Zorionak Real Unión!!!!!!!!

Quinta-feira, 6 de Novembro de 2008

Ganhou o negro

E non é un comentario racista,e que o tio é negro. Pensei que o racismo da sociedade americana cambiaria os datos que nos ofrecian as enquisas,pero non.Resulta complicado non falar do asunto pois temos a Obama ata na sopa...

Obama,un chaval novo,boa presencia,sorriso,progre Vs un vello acabado. Iso é coma un F.C Barcelona- Alcoyano en copa do rei,gánhase cos suplentes.


Alguén se lembra da película "Alién Vs Predator"? O slogan rezaba: "Gane quien gane perdemos todos"

Nada mellor que esa frase para describir a minha opinión. Nos Estados Unidos quen manda manda,e non é o presidente precisamente. Alí mandan os grupos de presión xudeus,os bancos,as grandes corporacións e toda esa mafia,o patio de atrás.Isto sabeo todo o mundo.

A ignorancia do cidadán de a pe xunto co gran poder da televisión convertiuno no Che Guevara do século XXI,o home que vai acabar cos abusos de América ao resto do mundo...dame a risa.

Acaso este pobre home vai cambiar el so o mundo? Eu penso que ata lles ven mellor Obama que Mccain aos que manexan o cotarro,coa cara bonita do novo presidente o desfalco vai parecer menor. Criticou a guerra de Irak (que bonito) pero falou de gravísimas equivocacións que fixeron "perder millóns de dólares ao pobo americano" non de imperialismo nin dos pozos de petroleo de Sadam.
Por certo que cando lle preguntaron por Palestina dixo: "Nadie está sufriendo más que el pueblo palestino,intentaremos mediar en el conflicto para que las dos partes salgan beneficiadas,amo profundamente a Israel. Nada novo,que ía dicir?

Este vai traballar para que USA siga sendo a nación máis poderosa do mundo,e aí vale todo,desde boas palabras ata bombas atómicas. Alguén se imaxina a Obama negándolle a inxección económica aos bancos? (...)

Por certo,estou seguro que cun blanqueado nos dentes,un bo estilista,e os máis de 600 millóns de dólares que se puleu na campanha eu tamén sería presidente dos Estados Unidos.

De todo este aburrido proceso quédome con certos detalles:

-As declaracións do experto sociólogo e politólogo Antonio Banderas unha vez conhecido o resultado das eleccións: "ha sido emocionante,como si me curaran un cáncer" .Tí si que eres un cáncer,mandril.

-O xogo de palabras que todos pensaron pero co que so a TVG se atreveu : "UN NEGRO NA CASA BLANCA"

-La voz de Galicia,na súa edición impresa,páxina 23 de hoxe (Xoves,non saio) vai ao barrio corunho de Penamoa a preguntar que lles parece a vitoria de Barack Obama aos xitanos. "Uno de ellos lo celebra escuchando Beyoncé en el coche" (estudiantes de periodismo,cambiade de carreira...)

-Pepiño Blanco e as suas grandísimas declacarcións cando lle dixeron que se pronunciase a favor de Clinton ou de Obama : “No voy a hacer declaraciones para no interferir en lo más mínimo en el proceso de elección que estaba desarrollando el Partido Demócrata"
Cuaderno de Pepe

-edito/actualizo-

"O Ku Klux Klan aclara que Obama é medio negro" (tremendo)

"Porque non eres negro de todo,que se non.."

Moi grandes os do KKK,xa se sabe. Adxunto tamén unha minitira cómica de Vergara,ese xenial e ácido debuxante.

Resume desta entrada en tres viñetas:




En resumo,da igual que sexa negro,amarelo ou lila,a cousa vai seguir sendo o mesmo. Mexarán por nós. De todas maneiras fixo historia,o primeiro negro presidente dos EUA. Propónholle o seguinte cambio nas franxas da bandeira,ese trapo que os americanos aman tanto:

Isto é o máximo pode cambiar Estados Unidos con Obama