Bom,comezou a Eurocopa 2008,2 partidos de alto nivel ao dia durante 3 esemanas,todos os seguidores do fútbol nos congratulamos xa que estas cousas enganchan (e moito) ao afeccionado.
Asimesmo,ao igual que cando se xoga o mundial,asistiremos a 2 meses de pleno espanholismo.
Todos,baixo a bandeira do toro,nos unimos para cantar "viva españa" e "arriba españa".
Manhá debuta a selección e esperádevos,dade un paseo por Santiago,e veredes bandeiras monárquicas nas ventás dos edificios,xente coas suas camisetas,chándales,viseras,mochilas...
O espectáculo de Cuatro (canal que retransmite en aberto a puta eurocopa) na plaza Colón foi dantesco. Bandeiras,toros,vítores á patria. Unha boa mostra de como un medio de comunicación pode conseguir o que faga falta,so con 2 anuncios e regalando unha bandeirinha. Pero isto non é o que nos ocupa.
Resulta que non se pode mesturar o deporte coa política,porque o deporte é para divertirse,para nenos,para alonxarnos das drogas,os deportistas son exemplo para os máis novos que xogan nas prazas con toda a súa ilusión.
Claro! Non se pode mesturar o futbol coa política pero eu Ben vexo aos rapacinhos da selección tesos cando soa o himno,ou cantando. Pero isto non é política para os medios de comunicación. Política SO é cando Oleguer di "en el estado de derecho algo huele mal",Luis Prieto firma un manifesto a favor das libertades políticas en EuskalHerria ,ou as seleccións nacionais dentro do estado reclaman a oficialidade. A todo isto o espanhol medio-ignorante responde "LA NACIÓN ES ESPAÑA,PUTOS CATALANES" pero isto non é política.
Cal é a diferencia entre os ultras galegos,bascos e cataláns que soen caracterizarse por sacar bandeiras da sua patria,cos do resto do estado que portan bandeiras de espanha co escudo,co toro,coa galinha, esvásticas e símbolos racistas?
Os primeiros son uns radicais que deberían ser erradicados para sempre dos campos de futbol xa que aparte de ser uns separatistas mesturan política e futbol.
Os segundos son o pulmón do equipo e están moi ben vistos. Os que portan bandeiras preconstitucionais "son casos aislados,energúmenos hay en todos los campos,y ya están identificados"
Todo isto,provocado,pola ignorancia dos espanhois. Se eres dos que cae ben (de España)non utlizas política no deporte baixo ningún concepto.Se eres dos que pensa mínimamente distinto estás mesturando.
Que se pode esperar dun país no que o Marca é o periódico máis vendido,a prensa do corazón da máis cartos cá farlopa e a xente se hipotéca para presumir de coche?.
E que non ganhe de rebote (moi de rebote)a selección espanhola. Veredes a que se nos cae encima aos que temos 2 dedos de frente. Ide limpando os canhos da escopeta...