Sintoo,pero é algo superior a min. Non o podo evitar,nin os podo comprender. Non sei porque a alguén se lle pasa pola cabeza facerse hippie. Non podo comprender como a alguén a quen lle funciona ben a cabeza e é unha persoa normal se lle da por convertirse nun pordiosero e por dicir algunhas das estupideces máis grandes que se oiron ao longo da historia da humanidade.Pensan que tocando a guitarra e tomando litronas van transformar o mundo. Pero mentres eles estan no seu grupúsculo de ignorantes o mundo segue a ir mal,e eles non se dan conta.
E ala,aí os tes no Campus facendo versións de Manu Chao e Bob Marley,bebendo litronas e a voltas cos putos cans,co xogo dos putos paus,cos putos malabares,coas putas flautas,cos putos tambores....
Suponse que vivir é unha "loita constate"..pois estes pasan de todo. Coa sua merda de rollito de "facer o amor e non a guerra" estano jodendo todo. Ir á tua bola é cojonudo,si,pero así imos estar vivindo nesta merda de sistema toda a puta vida. Si si,moi bonito,pero guerras hainas,e que eu
sepa fumando porros sentado non se ganhou ningunha
Conhezo a dous,concretamente,que son para velos. Unha parexa bohemia que follan con todos e entre todos. Iso é dantesco. Un dia el estaba maltratando unha guitarra e a outra cantando: "Que malo é o mundo con armas,o burato da capa de ozono,algunha alusión ás putas baleas e que viva a xente". Por enriba tenhen a desvergonha de pasar o sombreirinho,e ponhen cara rara se non lhes das pasta..
Volvendo ao inicio do tema,son todos uns fillos de rico. Non ten nada malo,pero non te vaias de pobre coa tarxeta de crédito na tua mochilita do carallo. So ten unha explicación: A búsqueda desesperada dunha identidade. Tamén penso que é que non tenhen o valor de afrontar tódalas putas penurias que hai que pasar nesta puta vida e en vez de ir en contra do sistema optan por andar descalzos...non sei,non alcanzo a comprendelo.
Eu colleriaos a todos un por un,meteríaos nun barco cos seus putos cans e as suas putas flautas e Mandábaos pa madagascar. Un dia á semana pasaba a tirarlles comida desde unha avioneta e ala,fora problemas. Tamén se me ocurreu dinamitar algún que outro local que frecuentan,pero non me convenceu a idea porque secadra lévome a alguén conhecido,e non mola.
De todas maneiras non conhezo a moitos hippies de verdade. Conhezo a algún que leva pantalóns raros,se lava pouco,come movidas raras e escoita música étnica. No verán vaise a Bali de vacacións,e o que non aos pirineos...

Cartman xamais podería estar equivocado





