sábado, 30 de agosto de 2008

Empeza a liga

Volve o gran negocio que nos ocupa tódalas fins de semana! Horas era. A temporada empeza mal,pois pecha o bodegón,a nosa "sede oficial" pero non tardaremos en atopar outra.

Espero que continue a racha e nos comamos ao Puto Madrí como é habitual!

Noutra orde de cousas,estamos xogando a un xogo chamado COMUNIO no que un se busca a vida negociando cos outros para formar un equipo e no noso caso ganhar unha cea.

O tema é que hoxe,no tablón de anuncións,apareceu unha frase estremecedora de Andrés,que por agora so ten 10 xogadores.
Textualmente:

"30.08.08 10:10 andres > todos
con un menos ,ainda vou facer mais que alghun que ten 11,roereivos o pelexo,desangrareivos,e fareibos anacos,e suplicaredes,ante min que non vos corte as extremidades e llas dea aos cans,despois soltareinos e comernvos vivos,arrepentiredesvos de atacarme,e claudicaredes ante min, o voso señor."

Sobran palabras.Agora o dificl vai ser durmir pola noite.

Un saudo

domingo, 24 de agosto de 2008

Cantos mortos levamos na non-guerra de Afganistán?

Fai xa uns 7 anos que Estados unidos,co apoio da "comunidade internacional", foi a Afganistan facer un pouco de todo desas cousas que tanto lle gustan:

-Invadir,ocupar e someter paises.
-Buscar a Bin Laden.
-Matar a musulmáns.

Hai noticias que pese a non sair na gran prensa sobresaltan.


76 civís, entre eles 50 nenos e 19 mulleres morreron baixo as bombas dos avións membros da coalición, liderada por EEUU. Sobran palabras.
Compre lembrar que por alá tamén hai tropas espanholas (que a min,nin me vai nin me ven) e que neste caso a ZP se lle esquenceu o "NO A LA GUERRA".

Aquí cae un avión(unha traxedia,ollo) e móntase a marimorena,con toda a prensa amarela pendente de sacarlle ata o último céntimo de rentabilidade a semellante catástrofe. En Afganistán non caen os avións,caen bombas dos avións tódolos dias e na prensa non se di nada.

Como se di por aquí: "Éche o que hai"


Aquí tedes a nova noutros dous medios:
Link Diarioinformacion
Link Lanacion

quarta-feira, 20 de agosto de 2008

Noraboa!


Resulta que Gomez Noya e Ivan Raña quedaron 4º e 5º respectivamente tras unha grandísima carreira na que lles faltou ese empurrón final para conseguir unha medalla olímpica. Ao princpio decepciona,claro,pero pasa o tempo e daste conta do grandísimo que é o que conseguiron estes dous deportistas de élite,e o que lles queda por conseguir.

Unha vez empezas a cavilar no asunto,daste conta do que sucede nesta merda de país chamado España(tamén aplicado a moitos grandes deportistas doutros deportes "minoritarios")

No caso concreto de Gómez Noya: Estamos a falar dun rapaz que ganhou todo o que habia por ganhar nos últimos 2-3 anos.
Entrementres,a prensa ao seu,que se Robinho cagou duro,se Ronaldinho bebe vodka con piña e toca moi ben o tambor ou que Cristiano Ronaldo mercou un Audi novo.Pasas páxinas,e máis páxinas e case ao final,en "otros deportes" atopaste 4 liñas e un minitutular coa mención da última carreira ganhada,a decimononseicantas consecutiva.

Pode ocurrir tamén que un deportista de élite (si,de élite,que entrenan 8 horas ao dia e se coidan e viven por e para o deporte)necesite un spónsor,ou axudas económicas para seguir entrenando ao nivel que lle corresponde a un campión do mundo na súa especialidade. A prensa seguirá falando de que a Robinho xa lle veu a cagarría e de que Ronaldinho se pasa ao JB con Cocacola Light (como bo deportista hai que coidarse)

Despois chegan as olimpiadas. Empezan a facerche caso. Ese mesmo dia saes na portada: Uno de los mejores deportistas de nuestra historia,medalla segura,vamos Javi!

Entón quedas cuarto nunhas olimpiadas e quen non che fixo nin puto caso critícate,di que non chegaches en forma,que foi unha decepción e con todo o puto valor do mundo sacan unha enquisa sobre o "decpcionante" da tua actuación.

Pois para min son os verdadeiros campións,os deportistas que si que viven para o deporte,os que non se emborrachan,non salen en aqui hay tomate e entrenan 8 horas ao dia,365 dias ao ano.

Vai por todos eles,polos deportistas de élite.

Gomez Noya,eres e serás o orgullo de tódolos GALEGOS

sexta-feira, 15 de agosto de 2008

Que grande El Mundo,que grande Pedro J.

Hoxe por hoxe,ningunha persoa de ben espera atoparse información en El Mundo (Vaia por diante que tampouco en El país)

Este panfleto ao servizo do fascismo e da ultradereita espanhola propúxose desde fai moito tempo ser o salvador da indivisible españa,e ser o primeiro en denunciar as atrocidades que o governo de esquerdas(jajaja) de ZP lle permite aos nacionalistas a cambio de réditos políticos.

De todos é sabido como minten e manipulan. Ainda me lembro con gracia,de como dician que "el himno gallego insulta a los que no lo entienden"

A min El Mundo,El país,Zapatero e Pedro J danme o mesmo noxo,do primeiro ao último xa que son todos a mesma merda,pero é que a última de El Mundo que vin en Menéame é brutal:





O ultranacionalismo retrógrado espanhol está demente
e en fase terminal

Ex-paña se rompe,e eu contento!!!


Que viva España! E que viva lonxe!!!

terça-feira, 12 de agosto de 2008

Xosé Ramón Reboiras Noia


Cúmprense 33 anos da morte de Xosé Ramón Reboiras Noia,máis conhecido como Moncho Reboiras. Naceu en Dodro e foi asasinado tal dia coma hoxe,fai 33 anos na Rua da Terra,en Ferrol.

"Heroe en tempo de traizón” dixo del Manuel María.

Foi un destacado membro nacionalista,militou na Upg,unha formación nacionalista de caracter marxista-leninista. Home comprometido,non dubidou en tomar parte dunha fronte armada (da que estaba ao cargo) que loitou contra a ditadura con escasos medios pero con moita valentia. Ás duas da maña,fai 33 anos,300 axentes da policia armada acordoaron o edificio onde ficaba agochado con dous militantes máis,aos que Reboiras axudou a fuxir. Tras duas horas agochado logran darlle caza,disparándolle varios tiros,un na nuca.

"'Que importa que nos matem si deixamos semente de vencer"


XOSÉ RAMÓN REBOIRAS NOIA,
Amigo, camarada, estrela
vermella-azul-branca no mencer
prometedor da nosa patria,
heroe en tempo de traizón,
corrupción/covardía,
martelo,proletario,remo
con saibo a sal e iodo;
fouce labrega/vingadora;
espiral que vén dendes do
fondo do tempo para abrirse
en claridade e futuro.
Ti eresa pedra mestra para
re-edificar a a nosa casa.

Puideron segarche a vida,
¡ouh, Moncho, meu irmao!,
a – se – si – nar – te.
O que eles non puideron,
nin poderán endexamais,
é arrincar/esmagar a
semente que deixache
esparexida no corazón
do pobo,na vixiante
concencia colectiva e que
xa está a agromar en
patria-ceibe/socialista.
Esta é, ¡ouh, camarada,
amigo e irmao
inesquencíbel!
a túa vin-gan-za,
a nosa vinganza i-ne-xo-rá-bel.

MANUEL MARÍA
Poemas para construír unha Patria»,1977)


Moncho Reboiras na wikipedia
Moncho Reboiras na web da UPG

quinta-feira, 7 de agosto de 2008

Botes 2008!


Por fin! xa lle tinhamos ganas aos botes e xa están de volta..e a verdade é que o tempo corre moito,xa están aquí de novo...E este ano prometen. Como estou vago e atraveso unha crise creativa vouvos ponher o programa completo da festa :D

Venres 8
21:30 ~ Primeira petardada da festa
23:00 ~ Xogo da Moca (do que somos vixentes CAMPIÓNS,que se sepa). Para apuntarvos ide sobre as 22:30 ao Estanco,cerquinha da Praza de Galiza. Nesta mesma praza haberá vinho de balde aos que se acheguen por alí

Todo isto amenziado por uns Gaiteiros e a charanga TRALLA 1O1

Sábado 9
A cousa ponse seria:

20:30 ~ II Entroido de verán na praza.
21:00 ~ Pregón a cargo de Toñito de Poi (...)
21:30 ~ Chupinazo(segunda gran petardada)e paseo do "San Cutinocho"
23:00 ~ CONCERTOS:

-Toñito de Poi (...)
-Arrasaloba

-Banda Bassotti

-Troula toda a noite,ou ata que lles aguante o fígado,a cargo da charanga 7+1

07:00
~ Queimada popular
09:00 ~ Festicultores
10:30 ~ Actividades varias:
-Xogo do tira da corda
-Tira da Senhal
-Guerra de almofadas
-Touro mecánico
13:00 ~ Lanzamento de pucheiros

PARA O RIO!
Comida da comisión,os socios imos gratis,os que non son deberán abonar 15€


E ata aí o programa,curto pero intenso,está claro que quen se aburra é porque quere. Non dubidedes en achegarvos e o sábado despois de xantar lembrádevos de avisar na casa: "Ata Luns"

Boas festas a tod@s


sábado, 2 de agosto de 2008

Dúas cousinhas;unha seria

Ben,recén levantado das "III Xorndas lúdico festivas":
Pasámolo moi bien moi bien moi bien,desde a xa clásica viaxe a Cerceda ata o último minuto que botei alí.
Lectura do pregón,sesión vermú a cargo da afamada "Unión Musical de Valladares",churrascada a cargo da Casa rial,etc,etc....
Cabe destacar que os ganhadores do campionato de tute "Coidado cos cubalibres que manchan as cartas" fomos ELOI máis EU! YEAH

E agora voume a ponher serio: Esta mensaxe vai dirixida ao JIPI que me manda emails amenazantes:

Mira,jipi anónimo,quero aclararche desde aquí que non che tenho medo ningún.As tuas amenazas de jipi fanme gozar: Dis que me vas buscar por Melide? Xa che boto eu unha man: De 12 a 3 da manhá estamos en Boente,despois imos ata os vinhos,se queda tempo ao 13 e senón ao Clap.Se a cousa se torce moito podemos acabar no a1. Nunca me vin na tesitura de lear con ninguén,pero o dito,medo non che tenho.

Se non estás dacordo co que digo,jódeste,e se queres opinar móntaste un blog de jipis-comehierbas-pordioseros-antiglobalicación. Este é meu,é o bonito de internet. Ah,non sei que tipo de lóxica utilizas para chamarme "Punker" a min e aos meus colegas(Os jipis usades algún tipo de lóxica?) pero eu penso que tanta marihuana e tanto Bob Marley jodeuche algo o coco campión así que se tes amigos gustaríame ponherme en contacto con eles para que te leven ao un ático de conxo: Alí polo menos lávante,non tes por que terlle medo á auga.

Cómeme a punta da pirola o rollete que me soltas das "fronteras y banderas". Xa che digo que perdiches o tempo coa chapa que me soltaches porque non a lin. Hai un botón marabilloso na minha bandexa de etnrda que pon "borrar" e que funciona ás mil marabillas. Tamén ma suda o de "paz y amor" e o que fixeran os "hippies originales". De feito,espero non romperche o corazón,pero dos 3 emails que me mandaches lin 3 linhas de cada un,tirando polo alto ;)

Desde aquí darche as gracias xa que un piolloso coma tí me odie e me critique é algo que me agrada,e moito,significa que estamos no caminho correcto.