quinta-feira, 25 de setembro de 2008

León faise (máis) famoso

Si,saimos na voz,na edición dixital e en papel! Aquí tedes o link.
Digo saimos porque o calvo da minha dereita dereita é Chopi,Popi tamén debería aparecer pero andaría ligando por aí adiante.

Hai que dicir que pouco paramos na alameda,de feito creo que foi a única vez que fomos xa que nós somos de piso e playstation e non somos amigos de aglomeracións,pero iso,aí está o documento gráfico!


Autógrafos á saida!

segunda-feira, 22 de setembro de 2008

O espabilado da xornada

Resulta que fixeron un ranking das 20 camisetas máis feas da historia. Aquí tedes o link

Fiorentina,1992:

Non fai falta ter moita vista para ver as esvásticas,polo visto o clube retirounas do mercado e pediu perdón.

Quen anda por estas páxinas sabe que ler os comentarios de marca é toda unha experiencia.

O premiado na I edición do concurso "O espabilado da xornada" é para o usuario razziel!

"jaja, si, la verdad es q algunas son feillas... aunke la de la Fiorentina no me lo parece, sigo sin ver donde esta la svastica, alguien me puede decir? solo veo cruces y rayas, pero nada q parezca una svastica nazi :S Weno, de todas formas, curioso ranking. Jejeje"

Deus che conserve a vista rapaz



Eta asasina un militar

Pois iso,non son eu quen vos adianta a noticia. 3 bombas en 2 dias tralo cerco do estado espanhol á esquerda abertzale. Non vou a entrar en valorar os feitos nin no condeno/no condeno pero é que me entrou unha dubida:

Na prensa din que unha chamada anónima avisou da colocación do explosivo ás 00:24 e o artefacto estalou á 1:01. Como é posible que a esa hora ainda se esté evacuando xente? Deixadez? Despiste? Ineptitude? Ordes de arriba?
Pasaron cousas similares noutros atentados,avísase e cando esboura o artefacto hai mortos.
Non quero ser mal pensado,pero nos útimos intentos de atentado o grupo armado avisou e non morreu ninguén. Interesaralle a alguén que non se fale da crise?Será ese alguén o partido do Gal? Sería tamén unha boa maneira de xustificar o democrático da ilegalización de todo o que cheire a abertzale?

Non quero pensar que o estado espanhol deixara morrer ao militar en cuestión. Despois penso quen está no governo. Despois penso no que beneficia a estes voitres que ETA actúe. Ao final acabo dándome conta de que estou seguro ao 100% de que agora mesmo ZP e Rajoy están brindando con cava(extremeño) polo ben que lles saiu a operación. Iso si,en canto o acaben a firmar manifestos de repulsa e declaracións institucionais.

Voitres,iso é o que sodes.

quinta-feira, 18 de setembro de 2008

Youtubeando

Vinha pensando en falar do que me pareceu a sentencia sobre a ilegalización de ANV ou do malo-malísimos que son Fidel Castro ou Hugo Chavez cando meten no cárcere a un disidente. Aproveitando o tema tamén ía louvar a actuación,sempre democrática, de ZP e os seus compinches...

Despois pensei,para que? se total estes nazis(con tódalas letras) xa non enganan a ninguén,coido que Spain vai caminho de batir tódolos records de ilegalizacións de partidos en democracia..que bonita é a democracia.Agora van a polo PCTV,alá eles. Mentras en EuskalHerria segan en estado de excepción e a esquerda abertzale sufra os abusos das institucións e do psoE seguirá habendo pistoleiros.


Ao lio,atopei un par de videos youtube boisimos.



Este trata sobre a profunda indignación dun tio de resaca-reenganche ao que unha rapaza (debia ser guapa,pois chámalle Cewbacca) rechazou diante dos seus amigos dicíndolle "contigo no,bicho". A verdade é que o tio é un artista,que maneira de narrar a historia,non ten desperdicio.




Este outro é do casting de factor X. Non me gustan moito eses programas,de feito aos productores,participantes de castings,etc faríalles o mesmo que aos jipis..
O tema é que un par de colgaos foron alí cantar regeton -como se escriba,non me interesa- e a parte de dar moita pena provocaron un gran enfado na membra do xurado(o miki puig méxase da risa) á que non lle gusta moito o "raquetón".
Este enfado provoca un intercambio de palabras cun dos dous membros dos "crazy boys" nos que se escoitan insultos tan duros como "Ereeeh una rassiitah de la música"


Ah,xa me esquencia,Riki ben de publicar as fotos do Caralampio, no seu blogue podedes per o link.Estas son nas que saimos nós,pero entrade a ver as dos nosos amigos de Melide,hai algunha imaxe que quedará gravada na minha mente por moito tempo..







Estivo moi ben o Carampio,por certo.

Un saudo a todos/as!

PD: Riki debería cobrarlle algo á comisión por fotógrafo..

sexta-feira, 12 de setembro de 2008

Jódete!

Xa estamos a Venres,mañá é Sábado e Domingo o Caralampio. So pode haber boas noticias,pero non,abro o firefox,disponhome a mirar a actualidade e vexo algo que me indigna profundamente:


Entre os intelectuais está,entre outros trinta,Xose Manuel Beiras pero ao meu modo de ver destaca Xose Manuel Budiño "o mellor gaiteiro de Moaña",mais que nada porque a ver quen foi o espavilado que meteu a este no grupo dos "intelecutais galegos". Ten delito a cousa
.
Manha vanse xuntar no seu restaurante para unha comida homenaxe,xa me cadra a min mellor o asunto do manifesto.

Apoiala en que?
E que me está empezando a tocar as pelotas que a xente defenda a esta señora como se fose unha heroina víctima da persecución do sistema,non entendo nada. Resulta que esta senhora merca vieiras baratas e contaminadas a pescadores furtivos. Lin por aí que as mercaba a 70 centimos/unidade para logo vender o prato a 25 ou 30 € no seu super-restaurante e pillárona no allo,ben merecido o tiña.Hai que darlle carinho? O que hai que darlle son unhas boas hostias.

O caso é que por un xantar de valde aí os tes,aos intelectuais apoiando a Toñi Vicente que foi "maltratada neste proceso"..quen a maltratou? Torturouna a Garda civil?
E para máis inri cando saiu do xulgado soltou toda pancha "todo ha sido un malentendido".. caramba co malentendido.Malentendido é cando eu e Rial pagamos duas veces unha volta por equivocación,non cando un sae en liberdade con cargos despois de declarar nun xulgado.A esta tia habia que metela no cárcere só por querer tomarnos o pelo desa maneira.

Que a min nin me vai nin me ven,que non son moito de ir por aí de mariscada. Pero é que me puxen de mala hostia.

Dito esto a min o caso das vieiras serviume para saber que Toñi Vicente é unha muller,eu estiven toda a vida convencido de que era un home.

Vémonos no caralampio!


segunda-feira, 8 de setembro de 2008

Que hai

Boeno,erguinme onte desta hora convencido de que lle íamos meter unha boa malleira ao Melide. Os precedentes non nos podian facer pensar outra cousa: Dúas goleadas en 2 partidos,contra un recén ascendido,na casa...

Pois non,palmamos 1-4 ...

Hai que dicilo todo,chegaron 4 veces e marcaron 4 goles,mentres que os nosos rapaces cansáronse de fallar ocasión tras ocasión pero o caso é que entre a pelotiña que é o que vale ;)
Dicir que xogamos mellor,que o Cire estivo todo o partido a pelotazos e penso que xogando así mal lles vai ir,pero que lle imos facer,goleáronnos!
Os nosos tocan bastante ben o balón,combinan moi ben e entran por banda con perigo,pero necesitamos un killer arriba xa que dieguez de toda a vida se dedicou a misións máis destructivas.Este ano en principio temos moi bo equipo de arriba para diante, pero son todos rapacinhos e o que sucede nestas categoría é que das contra xente veterana que che empezan a dar canha desde o minuto 1...pobres nenos,jaja.

Por certo,seguramente o mister do Melide sepa bastante máis ca min de fútbol,pero eu ponheria a Miki (o mellor do melide de calle xunto con Jechu)máis retrasado para darlle un pouco de sentido ao xogo do Cire.

De todas maneiras,queda moita liga,e ainda nos queda a volta para resarcirnos.Quedoume Pena de non poder comprobar as habilidades futbolísticas de Pájaro,xa que no tempo no que estivo no campo tocou tantas bolas coma o noso porteiro(ningunha).

Mención aparte merecen os afeccionados de Melide,eu se fose xogador de calquera equipo estaria moi ledo de que tantísima xente se desprazara para animarme,cousa que non pasou onte cos nosos,xa me jode dicilo pero neste caso temos bastante que aprender dos vecinhos.
Polo visto a xente que debería estar onte animando ao CSD no DERBI estaba mellor no bar,ou rascando o carallo.

En fin,País.

terça-feira, 2 de setembro de 2008

Varius

Bom,despois dun fin de semana bastante intenso,tenho a ben contarvos algunha que outra nova que á maioria vos importará un carallo,pero xa se sabe,o blog é meu!

-Noticia ¿curiosa? que me atopei onte: "El gobierno del PSOE mima a la FAES del PP"
Haberá que explicarlle a ZP que esa penha,entre outras cousas,dixo que Franco era progresista ou sacou un video coa teoría de que o 11-m foi ETA. O bo de ZP é que traizoa a todo o mundo,por primeira vez vainos ponher a todos dacordo,manda carallo.


-Onte foi o dia do blog no que entre outras cousas temos que recomendar 5 blogs de colegas. Eu recoméndovos tódolos que saen aí abaixo á dereita,que carallo.
Onte fun incapaz de entrar no blog,seguramente polo bloguer day estarían os servidores saturados e claro,non podemos competir en conexión a internet con outros lugares,todo gracias ao abandono ao que o estado espanhol someteu sistematicamente ao pobo galego,non hai outra razón.

-Hoxe safei por cuarta vez dun radar recaudatorio este verán,estaba na Portela.

-A espera dunha notificación oficial parece ser que pecha o Blog de Riki,un clásico entre os clásicos. A ver se un sábado destes lle roio ben a orella(unhas hostias non llas vou dar por motivos evidentes xD) e chega á conclusión de que é mellor seguir co blog que aturarme media hora.

-Putin salva a un periodista ruso do ataque dun tigre siberiano
. Meteulle un tiro cunha pistola tranquilizadora cando se disponhia a atacalo. A cousa ten pinta de ser unha montaxe que te cagas,pero tinha que contalo xd

-Volveu a liga....PUTO MADRÍ,PUTO BERNABEU! Volvímonos comer aos merengues. Que gusto da ver palmar a eses merdas engominados. Prodúceme un pracer inmenso ver a Guti mandándolle bicos á grada no descanso,ou facendo xestos obscenos cando o cambiaron..
Toda a prensa facéndose eco das risas dos afeccionados con cánticos como "saca a robinho" ou "illa illa illa,donde está Villa".. moito presta.
Que eles ganharán a liga,que ganharon non sei cantas champións: Sí. Que cada vez que venhen a Riazor palman,tamén.

Outro gran pracer é ver palmar ao Brar$a contra o Numancia,pero nin comparación co do subnormal de Guti...




Por último 3 prediccións futboleras cheas de optimismo:

Filpe Luis será o lateral titular da selección brasileira no próximo mundial.
Lafita estreará este ano convocatoria coa selección dos espanhois.
E lanzo un órdago,como ben lle dixen a Pájaro: Mista 12-15 goles se as lesións o respetan.

Aí queda iso!